TELÓN DE AQUILES (grupo de teatro do IES Monte das Moas) NOS PREMIOS CANDILEJAS.

Un privilexio poder colaborar cos grandes actores do IES Monte das Moas!

 

-Cuartos en Xuvenil con “Calderón, ¿enamorado?

-Accésit con “Aquí non paga ninguén“.

-Alma Paredes, entre as candidatas á mellor actriz e mención como actriz destacada.

-Jennifer Vázquez, candidata como mellor actriz cadete e mención como actriz destacada.

-Guilherme Scortegagna, mención como actor destacado.

-Adrián Gallego, mención como actor destacado.

 

Temos una grande canteira de actores.

O noso  agradecemento á comunidade educativa do IES Monte das Moas (profesores e personal non docente), ANPA e amigos pola súa comprensión e paciencia cos trastornos que causamos durante o curso. Non foi  esforzo baldeiro.

¡Parabéns IES Monte das Moas!

 

IMG_20170624_203100873_BURST000_COVER_TOP

Anuncios

Telón de Aquiles, Candilejas Don Bosco

Tarde de teatro do IES Monte das Moas no Candilejas Don Bosco

O Venres 12 de maio estivemos a gozar cos nosos amigos das representacións dos nosos grupos de teatro no IES Calvo Sotelo. Aquí non paga ninguén, ás 17;30 h. e Calderón, ¿enamorado ás 20;00 h. Para todos foi unha grande experiencia. Grandes rapaces teatreiros temos no IES Monte das Moas! Grazas á organización dos Premios Candilejas Don Bosco por nos dar unha ocasión coma esta. Lembrade que hai moitas obras aínda por ver no Candilejas. Tedes moito teatro!

Montaxe do Telón de Aquiles na Facultade de CC. da Educación

O pasado 30 de xaneiro, aproveitando unha conferencia sobre a didáctica do teatro que o profersor do IES Monte das Moas, Rafael Alonso, ofrecía na Facultade de CC. da Educación da Universidade da Coruña, o grupo Telón de Aquiles interumpíu o final para sorpresa do auditorio. Un auténtico “happening” que aproveitou o elenco para se vingar. Os asistentes ficaron ben asombrados pola clase práctica e agradeceron o corte da “aburrida” disertación que protagonizaron con frescura. O corte pertence ao inicio da obra que están a ensaiar: Calderon, enamorado? Aquí tedes posibilidade de ver un anaco.